Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2017

Neptuno

Imagen
Cando a Voyager 2 enviou os  datos sobre Neptuno, o menor e o máis lonxano dos planetas gasosos xigantes, iste se revelou coma un disco azul marcado por unha gran mancha ovalada e numerosos estratos de nubes dispersas. A súa "meteoroloxía" tamén resultou ser algo bastante fora do común: ten un satélite con surtidores volcánicos que expulsan nitóxeno.      Neptuno conta cun débil sistema anular que contén algúns grumos. Só se lle coñecen catro aneis e se ten pouca información acerca deles.     Ten oito satélites. Tritón, o máis grande, é un pouco maior que Plutón e igual de frío, e está feito de xeo e roca e ten cráteres, fosas e depresiones superficiais. Nalgúns lugares emerxe hidróxeno gasoso, que se proxectan 8km na ténue atmósfera composta por nitróxeno. Outro dos seus satélites, Nereida, describe unha órbita tan elíptica que a súa distancia a Neptuno varía en máis de oito millóns de km.

Urano

Imagen
Urano é un enigmático mundo verde azulado que comezou a revelar os seus segredos hai moi pouco. Con catro veces o diámetro da terra, trátase do terceiro xigante gasoso en orde de tamaño.    O eixe de rotación de Urano está de costado, casi paralelo ao seu plano orbital, o que quere dicir que, ao longo do seu período orbital de 84 anos, cada polo sofre 42 anos de escuridade e despois 42 anos de luz directa.    Urano posee un sistema formado por once aneis, que son escuros, coma os de Xúpiter, e conteñen partículas grosas, coma os de Saturno.     Tamén conta con un total de 21 satélites, a maioría  dos cales toman o seu nome de obras de Shakespeare e están constituidos por roca e xeo. O satélite máis destacable é o máis pequeno, Miranda, xa que está formado por tres tipos de terreo diferentes (cráteres, acantilados e rexións estriadas), o que pode deberse a unha gran colisión.   O satélite Miranda

Saturno

Imagen
Saturno ten moito en común co seu veciño Xúpiter (teñen unha composición semellante, ambos sofren ventos e tormentas xigantes...), mais o distingue del un espectacular sistema de aneis, que tamén o convirten nun dos mundos máis sinxelos de identificar no Sistema Solar.    Os aneis de Saturno son inmensos e moi delgados. Teñen un diámetro de 274000 km e unha anchura de 62000km, mais a súa anchura non supera os dous km, Vistos dende a terra cun telescopio pequeno, semellan un disco sólido que rodea o planeta, mais en realidade son moitos aneis individuais, cada un deles formado por pequenos fragmentos xeados. Unha teoría acerca da súa orixe suxire que se tratan de restos dun satélite que, ao achegarse demasiado a Saturno, foi destuido pola gravedad do plameta.

Os aneis e as lúas de Xúpiter

Imagen
A sonda Voyager 2 confirmou que Xúpiter está rodeado por un débil sistema de aneis, compostos de pequenos granos rocosos. A diferencia dos aneis de Saturno, os de Xúpiter conteñen moi pouco xeo.    Dos 24 satélites de Xúpiter, Galileo descubriu en 1610 os catro maiores, chamados satélites galileanos: Calisto, Ganímedes, Europa e Ío. Tanto Ganímedes coma Calisto son maiores que Mercurio e Plutón, metres que Europa e Ío son similares á Lúa. Os catro satélites mostran propiedades fascinantes: sospéitase que hai un océano baixo a superficie xeada de Europa, Ío é o mundo con máis actividade volcánica do Sistema Solar...        Os outros satélites de Xúpiter son moito máis pequenos, e de feito, algúns dos máis externos considéranse asteroides capturados.

Xúpiter

Imagen
As estadísticas falan con elecuencia do gran tamaño de Xúpiter, cuxo diámetro representa once veces o da Terra, posúe unha masa 317 veces maior á terrestre e dúas veces maior ca o do resto de planetas xuntos, e a  súa atracción gravitatoria é a segundsa despois da do Sol.    Xúpiter atópase  a 780 millóns de km da Terra, o que dificulta a súa observación. A tecnoloxía para estudar a atmósfera complexa, os seus moitos satélites e o seu débil sistema de aneis non foi suficiente ata a era espacial.

Marte

Imagen
Con frecuencia se fala de Marte coma o planeta do Sistema Solar máis parecido á Terra. Posúe cuencas, llanuras e terreos elevados que poden identificarse coma continentes. A oblicuidade do seu eixe é similar á da Terra, o que dota ó planeta de catro estacións. O seu día dura 24 horas e 37 minutos. Ao igual que a terra, Marte conta con casquetes polares xeados e mantén algo parecido a unha atmósfera, pero ahí rematan as semellanzas: a atmósfera marciana é moi lixeira, e contén un 95% de dióxido de carbono; o clima oscila dende os -125 aos 17 graos, e a superficie é árida e desoladora, sen ecosistemas nen océanos.    Marte, con anterioridade, foi un mundo rico en auga líquida, segundo evidencian os cauces esxcabados por correntes acuosas. Agora toda a auga que queda no planeta é en forma de xeo, e está na atmósfera e nos cascos polares.    Neste planeta son moi comúns as tormentas de area, que en ocasións poden chegar a envolver o globo enteiro e a durar meses. Tamén hai volcáns i

A Terra

Imagen
A Terra, o terceiro planeta do Sistema Solar, é o único coas temperaturas superficiales idóneas para a existencia dunha gran biodiversidade. Posúe océanos inmensos de auga líquida e unhha atmósfera protectora rica en osíxeno respirable. Segue unha órbita estable e case circular, que non a alonxa nen a acerca demasiado ao Sol. Conta cun satélite, a Lúa, que se comporta como un estabilizador capaz de evitar que o eixe de rotación se desprace sen control.    A Terra é o único planeta do Sistema Solar que conta con auga líquida. Os océanos, ademáis de albergar unha vida abundante e variada, desgastan os continentes, regulan a temperatura e son a fonte da auga que consumen os seres vivos terrestres. Toda gota de auga ten completado o ciclo da auga pasados dous millóns de anos.    A atmósfera abrangue uns 120 km hacia arriba, e está composta principalmente por nitróxeno e osíxeno, aínda que tamén contén outros compostos. Por exemplo, o dióxido de carbono, que propicia o efecto inver

Venus

Imagen
A vista da súa proximidade ao  Sol, cabería esperar que Venu fose un pouco máis cálido  ca Terra, pero en realidade trátase dun inferno con temperaturas superficiais de 470 graos, o bastante elevadas como para fundir plomo e cinc. Esto é debido a un efecto invernadoiro descontrolado: Venus ten tal cantidade de nubes e de dióxido de Carbono na súa atmósfera que é imposible que o calor que incide sobre el volte ao espazo.     A rotación de Venus é lenta (dura 243 días terrestres), e no sentido contrario ó do resto de planetas: a diferencia deles, Venus xira de leste a oeste. Esto quere dicir que para un observador en Venus, o sol sae polo oeste e tras cruzar o ceo (percorrido que lle leva 59 días) se pon polo leste. É posible que a rotación invertida se xa debida a unha antigua colisión con un asteroide.

Mercurio

Imagen
Mercurio é un mundo pequeno, rocoso e carente de aire. Soporta un clima durísimo: calor abrasador durante o día (430 graos ao mediodía) e frío estremo de noite (as temperaturas chegan a alcanzar os -170 graos). A súa superficie, dominada por cráteres e grandes cuncas de impacto, lembra á nosa Lúa.    A súa posición como planeta máis interno o convirte nun obxecto dificil de ver. Nunca se aparta máis de 28 graos do sol, circunstancia que complica a observación do planeta,  permanentemente sumido no resprandor solar.    A 58 millóns de km do Sol, Mercurio emula dignamente ao deus de pes alados ao que debe o seu nome: o seu período orbital, de 88 días, é o máis breve do Sistema Solar. Esta duración contrasta coa dos seus días, que, definidos coma o tempo que tarda o Sol en regresar ao mesmo punto no ceo, é de 176 días terrestres (ou de dous anos mercurianos).

Os satélites do Sistema Solar

Imagen
Todos os planetas do Sistema Solar, excepto Mercurio e Venus, posúen polo menos un satélite. Algunos teñen incluso sistemas en miniatura: Saturno conta con máis de 30 lúas, Xúpiter ten ao menos 24 e Urano, 21. Os satélites orbitan ao redor dos seus planetas do mesmo modo que os planetas xiran en torno ao Sol, seguindo traxectorias elípticas con períodos definidos.    O tamaño dos satélites é moi diverso, dende meros trozos de roca ata obxectos de dimensións planetarias. Cada un constitúe un mundo por dereito propio, cunha densidade característica, composición química distintiva e rasgos xeolóxicos peculiares. Algúns teñen atmósfera, coma Titán, satélite de Saturno, mentres que outros exhiben unha historia xeolóxica complexa, como Ío en Xúpiter ou Trirón en Neptuno.    Ao comparar algúns dos planetas e satélites do Sistema Solar evidéncianse grandes contrastes en canto a tamaño. Por exemplo, Plutón, antes considerado coma planeta, é moi pequeno comparado coa Lúa, ou co satélite d

A Lúa

Imagen
A Lúa é o único satélite natural da terra e o astro máis cercano a nós. A pesar de ser o corpo celeste máis estutado todavía hai moitas cousas que se descoñecen del, como por exemplo, como foi a súa formación.    Unha das teorías defende que a Lúa se formou noutro lugar do Sistema Solar e que a forza gravitatoria da Terra a atrapou, outra que formaba parte da Terra pero despois se disgregou. A teoría máis aceptada na actualidade defende que, nos seus inicios, a Lúa era unha esfera de magma formada a partir dos restos dun impacto xigantesco sobre a Terra, hai uns 4500 millóns de anos. Dacordo con esta teoría, o magma foise enfriando e formou unha costra sobre a superficie lunar, que por aquel entón era lisa.     O aspecto heteroxéneo da cortiza lunar apareceu máis tarde, ao sufrir numerosos impactos. Estos impactos crearon o cráter máis grande de todo o Sistema Solar, e tamén o coñecido como mares lunares , cráteres máis superficiais que se encheron de magma procedente do núcleo

As auroras polares: os fogos artificiais da natureza

Imagen
Adóitase dicir que o espacio está valeiro, pero iso non implica que careza da súa propia "meteoroloxía". O principal xerador de meteoroloxía espacial é o vento solar, composto por correntes supersónicas de protóns e electróns que flúen dende o Sol cara ao exterior. O vento solar tende a manifestarse na Terra en forma de auroras polares, uns marabillosos espectáculos de luces de cores que aparecen con frecuencia cerca dos polos magnéticos. Son tan espectaculares que hai quen lles chama fogos artificiais naturais. O noso non é o unico planeta con auroras, nen sequera na vía Láctea: a sonda espacial Voyager descubriu que tamén nas atmósferas superiores de Xúpiter e Saturno se producen auroras polares, e que son aínda máis brillantes ca as terrestres.

O Sol

Imagen
O sol é a estrela mais cercana ao noso planeta. Gracias a el, as plantas da Terra son capaces de realizar a fotosíntese, punto de partida do ciclo alimenticio, polo que é difícil imaxinar a existencia de vida sen o sol. Era difícil incluso para as civilizacións primixenias, que sempre o asociaron cos conceptos de poder e enerxía, e que construiron unha morea de templos ao deus Sol. Un bo exemplo é o Teotihuacan, unha enorme construcción datada de máis ou menos o inicio da época cristiana e construida en México. Nel atópase unas das pirámides máis altas do mundo, a Pirámide do Sol, dende a cal se poden observar as oscilacións descritas polo sol al longo do ano, cousa que lles permitiu aos seus constructores adquirir un amplio coñecemento do ceo astronómico. É impresionante pensar que civilizacións que no contaban coas vantaxes técnicas e teóricas actuales foron capaces de predicir con tal exactitud a duración do ano solar.  Hoxe, por suposto, sábese moitísimo máis. Xa non