A Terra

A Terra, o terceiro planeta do Sistema Solar, é o único coas temperaturas superficiales idóneas para a existencia dunha gran biodiversidade. Posúe océanos inmensos de auga líquida e unhha atmósfera protectora rica en osíxeno respirable. Segue unha órbita estable e case circular, que non a alonxa nen a acerca demasiado ao Sol. Conta cun satélite, a Lúa, que se comporta como un estabilizador capaz de evitar que o eixe de rotación se desprace sen control.



   A Terra é o único planeta do Sistema Solar que conta con auga líquida. Os océanos, ademáis de albergar unha vida abundante e variada, desgastan os continentes, regulan a temperatura e son a fonte da auga que consumen os seres vivos terrestres. Toda gota de auga ten completado o ciclo da auga pasados dous millóns de anos.

   A atmósfera abrangue uns 120 km hacia arriba, e está composta principalmente por nitróxeno e osíxeno, aínda que tamén contén outros compostos. Por exemplo, o dióxido de carbono, que propicia o efecto invernadoiro (o natural non é prexudicial, senón que axuda a manter un clima máis estable, con menos variacións de temperatura entre o día e a noite).  Na atmósfera suceden os fenómenos metereolóxicos, que están gobernados pola interacción desta capa coa enerxía calorífica do sol.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Galaxias

Como orientarse segundo o ceo

A Vía Láctea