O Sol

O sol é a estrela mais cercana ao noso planeta. Gracias a el, as plantas da Terra son capaces de realizar a fotosíntese, punto de partida do ciclo alimenticio, polo que é difícil imaxinar a existencia de vida sen o sol. Era difícil incluso para as civilizacións primixenias, que sempre o asociaron cos conceptos de poder e enerxía, e que construiron unha morea de templos ao deus Sol. Un bo exemplo é o Teotihuacan, unha enorme construcción datada de máis ou menos o inicio da época cristiana e construida en México. Nel atópase unas das pirámides máis altas do mundo, a Pirámide do Sol, dende a cal se poden observar as oscilacións descritas polo sol al longo do ano, cousa que lles permitiu aos seus constructores adquirir un amplio coñecemento do ceo astronómico.



É impresionante pensar que civilizacións que no contaban coas vantaxes técnicas e teóricas actuales foron capaces de predicir con tal exactitud a duración do ano solar. 

Hoxe, por suposto, sábese moitísimo máis. Xa non se considera ao sol coma deus, senón coma unha esfera xigantesca de hidróxeno e helio capaz de xerar enerxía a través de reaccións nucleares. Esa enerxía consta da luz e do calor dos que dependen a terra, mais tamén de diversas radiacións (raios gamma, ultravioleta, X...).

A pesar de ser unha estrela enana, é maior e máis brillante que o 98% das estrelas da nosa galaxia, e o seu diámetro é máis de 100 veces maior ao da Terra. O núcleo solar está a 15 millóns de °C; a súa atmósfera, a dous millóns. É dicir, é unha estrela sinxelamente sobrecolledora.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Galaxias

Como orientarse segundo o ceo

A Vía Láctea