Os satélites do Sistema Solar

Todos os planetas do Sistema Solar, excepto Mercurio e Venus, posúen polo menos un satélite. Algunos teñen incluso sistemas en miniatura: Saturno conta con máis de 30 lúas, Xúpiter ten ao menos 24 e Urano, 21. Os satélites orbitan ao redor dos seus planetas do mesmo modo que os planetas xiran en torno ao Sol, seguindo traxectorias elípticas con períodos definidos.


   O tamaño dos satélites é moi diverso, dende meros trozos de roca ata obxectos de dimensións planetarias. Cada un constitúe un mundo por dereito propio, cunha densidade característica, composición química distintiva e rasgos xeolóxicos peculiares. Algúns teñen atmósfera, coma Titán, satélite de Saturno, mentres que outros exhiben unha historia xeolóxica complexa, como Ío en Xúpiter ou Trirón en Neptuno.

   Ao comparar algúns dos planetas e satélites do Sistema Solar evidéncianse grandes contrastes en canto a tamaño. Por exemplo, Plutón, antes considerado coma planeta, é moi pequeno comparado coa Lúa, ou co satélite de Xúpiter Ganímedes. Tamén hai una gran diversidade en canto a superficies: a de Miranda, unha lúa de Urano, está formada por un revoltixo de accidentes xeográficos; mentres que a de Europa é unha capa de xeo.









Comentarios

Entradas populares de este blog

Como orientarse segundo o ceo

Galaxias en colisión