Marte

Con frecuencia se fala de Marte coma o planeta do Sistema Solar máis parecido á Terra. Posúe cuencas, llanuras e terreos elevados que poden identificarse coma continentes. A oblicuidade do seu eixe é similar á da Terra, o que dota ó planeta de catro estacións. O seu día dura 24 horas e 37 minutos. Ao igual que a terra, Marte conta con casquetes polares xeados e mantén algo parecido a unha atmósfera, pero ahí rematan as semellanzas: a atmósfera marciana é moi lixeira, e contén un 95% de dióxido de carbono; o clima oscila dende os -125 aos 17 graos, e a superficie é árida e desoladora, sen ecosistemas nen océanos.


   Marte, con anterioridade, foi un mundo rico en auga líquida, segundo evidencian os cauces esxcabados por correntes acuosas. Agora toda a auga que queda no planeta é en forma de xeo, e está na atmósfera e nos cascos polares.

   Neste planeta son moi comúns as tormentas de area, que en ocasións poden chegar a envolver o globo enteiro e a durar meses. Tamén hai volcáns impresionantes, e dúas pequenas lúas.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Galaxias

Como orientarse segundo o ceo

A Vía Láctea