Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2018

A Vía Láctea

Imagen
O Sistema Solar pertence a un sistema de estrelas coñecido como Vía Láctea, unha galaxia de tipo espiral co centro repleto de estrelas vermellas e vellas, e con varios brazos exteriores (o Sistema SOlar pertence ao brazo de Orión).    Pese a que esta é, obviamente, a galaxia máis estudada ata o momento, todavía non foi posible observar o seu centro, pero se sabe que está ocupado por un obxecto con unha masa inmensa, polo que existe a teoría de que se trate dun burato negro supermasivo.

Galaxias

Imagen
As galaxias son sistemas inmensos e lonxanos, formados por gas e polvo inerestelares, así coma por miles de millóns de estrelas. Crese que existen miles de millóns de galaxias nunha variedade casi ilimitada (espirales, esferoidales, elipsoidales e ata amorfas).   As galaxias, en xeral, emiten xusto o tipo de radiación que sería a esperar delas. Porén, as galaxias activas constitúen fontes intensas de radiación infrevermella, radioeléctrica..., procedente dunha violenta actividade nos núcleos. Algunhas galaxias activas poseen "chorros cósmicos", que son correntes de partículas moi enerxéticas en estado de plasma, que surxen do centro da galaxia e poden chegar a extenderse decenas de miles de anos luz no espacio.

Constelacións

Imagen
Unha constelación é unha agrupación de estrelas aparentemente invariable. Os trazos que unen as constelacións son imaxinarios e foron ideados por civilizacións antigas en base, con frecuencia, ás súas crencias e relixións, polo que, en algunhas ocasións, unha mesma estrela pertenecía a varias constelacións diferentes, e as estrelas dunha mesma constelación poden chegar a ter un espazo de centos de anos luz entre elas.    Actualmente, recoñécense 88 constelacións con límites definidos, entre as que se recoñecen, por exemplo, ás Osa Maior e Menor e ás do Zodiaco.

Nebulosas

Imagen
As nebulosas son "nubes" gaseosas dispersas entre as estrelas, ou complexos de gas e po interestelares. Nalgunhas delas hai restos de estrelas mortas; noutras, está tendo lugar a formación de novos astros. Hai tres tipos de nebulosas: de emisión, de reflexión e escuras.    Unha das nebulosas máis coñecidas, a de Orión, é de tipo luminoso, o que quere dicir que os átomos que contén están ionizados debido á rediación ultravioleta das estrelas que contén.

Novas e supernovas

Imagen
As novas incrementan moito o brillo dunha estrela, que despois diminúe ata alcanzar unha luminosidade similar á que posuía antes do estalido. As supernovas son moito máis destructivas: se ben tamén son aumentos de brillo significativos e impredecibles, unha supernova sempre significará a morte da estrela na que sucede.    As supernovas son un dos procesos máis violentos do universo. A enerxía que se desprende delas é tal que alcanzan a ser centos de veces máis luminosas que as novas e poden chugarr a brillar tanto coma centos de miles de millóns de estrelas.     As supernovas observables son moi pouco frecuentes, pero existe a posibilidade de que nunha nebulosa, eta Carinae, se produza unha nun futuro próximo.    Estas imaxes mostran un antes e un despois de que se produxera a supernova 1987A:

As estrelas

Imagen
As estrelas son enormes esferas de gas (en xeral, de hidróxeno e helio) moi quente e brillante, capaces de producir a súa propia luz e enerxía debido ás reaccións de fusión nuclear que se producen no seu interior, que suceden cando os elementos máis lixeiros da estrela son forzados a convertirse en máis pesados.    Debido ao seu gran tamaño e pesadez, soen ter unha gran forza de atracción con respecto a outros corpos celestes. Ao exercela, se forman sistemas ao seu redor, coma no caso do Sistema Solar.    As estrelas poden clasificarse de moitas maneiras, por exemplo, segundo o seu tamaño. O Sol é unha estrela de tamaño medio, e está máis ou menos á metade da súa vida.

Os cometas

Imagen
Os cometas están formados por un núcleo minúsculo rodeado de gases, dos que parten unha corrente de po, que forma a cola de polvo, e partículas ionizadas, que forman a cola iónica. Consisten, básicamente, nunha mestura de xeos variados  po, e crese que conteñen material residual da formación do Sistema SOlar, hai aproximadamente cinco mil millóns de anos.    A maioría dos cometas proceden da inmensa nube de Oort, que rodea o Sistema Solar, e, en menor medida, do cinturón de Kuiper.    A maioría do tempo, os cometas non son máis que bolas mortecinas de xeo e po, pero ao acercarse ao sol e experimentar a consecuente subida de temperatura, as capas externas pasan de estado sólido a gasoso, formando un espectáculo precioso que nalgúns casos se pode ver dende a Terra. No caso do cometa Halley, esto só sucende unha vez cada 76 anos.

Os volcáns do SIstema Solar

Imagen
Un volcán é unha estrutura xeolóxica da que emerxen materiais fundidos, gases e vapores. Un volcán só existe nun corpo celeste se niste hai unha fonte de enerxía interior capaz de fundir materiales, ou de volvelos gasosos.    No Sistema  Solar hai rastro de moitos volcáns (en Venus, Marte, Mercurio e en numerosos satélites, incluíndo a Lúa), pero salvo algunhas excepcións (coma os que se atopan na Terra e en Ío, un satélite de Xúpiter), neste momento están inactivos.   Un dos volcáns máis coñecidos de Marte é o Monte Olimpo, xa que é o máis grande do Sistema Solar (ten tres veces o tamaño do Everest). O seu nome fai referencia á montaña máis alta de Grecia, onde se dicía que vivían os deuses clásicos.

Plutón

Imagen
Plutón, antaño considerado un planeta, ten un tamaño minúsculo (menor incluso ao da Lúa) e unha órbita moi inclinada e excéntrica. Tarda 248 anos en dar unha volta arredor dun Sol do que disa polo menos 4 500 millóns de kilómetros.    A relación de Plutón co seu único satélite, Caronte, é moi extraña: son tan próximos e hai tan pouca diferencia de tamaño entre ambos que ás veces se fala deles coma dun "planeta dobre".