A Lúa

A Lúa é o único satélite natural da terra e o astro máis cercano a nós. A pesar de ser o corpo celeste máis estutado todavía hai moitas cousas que se descoñecen del, como por exemplo, como foi a súa formación.

   Unha das teorías defende que a Lúa se formou noutro lugar do Sistema Solar e que a forza gravitatoria da Terra a atrapou, outra que formaba parte da Terra pero despois se disgregou. A teoría máis aceptada na actualidade defende que, nos seus inicios, a Lúa era unha esfera de magma formada a partir dos restos dun impacto xigantesco sobre a Terra, hai uns 4500 millóns de anos. Dacordo con esta teoría, o magma foise enfriando e formou unha costra sobre a superficie lunar, que por aquel entón era lisa. 

   O aspecto heteroxéneo da cortiza lunar apareceu máis tarde, ao sufrir numerosos impactos. Estos impactos crearon o cráter máis grande de todo o Sistema Solar, e tamén o coñecido como mares lunares, cráteres máis superficiais que se encheron de magma procedente do núcleo. Os mares lunares vense máis escuros porque, debido ao seu alto contido en ferro, reflicten menos luz. A Lúa recibiu máis golpes, cada vez de meteoritos menores e con menos fracuencia, ata convertirse no astro observable hoxe en día.

   A Lúa da unha volta en torno á Terra nuns 28 días aproximados, o mesmo intervalo de tempo que invirte en rotar ao redor do seu exe. A sincronía entre os movementos de traslación e rotación é a que nos condena a ver sempre a misma cara da Lúa. A cara oscura só se ten observado nas fotografías tomadas polas misións espaciais, que revelan unha paisaxe tan atormentada coma a da cara visible.


Resultado de imagen de luna

Comentarios

Entradas populares de este blog

Galaxias

Como orientarse segundo o ceo

A Vía Láctea