As auroras polares: os fogos artificiais da natureza

Adóitase dicir que o espacio está valeiro, pero iso non implica que careza da súa propia "meteoroloxía". O principal xerador de meteoroloxía espacial é o vento solar, composto por correntes supersónicas de protóns e electróns que flúen dende o Sol cara ao exterior.

O vento solar tende a manifestarse na Terra en forma de auroras polares, uns marabillosos espectáculos de luces de cores que aparecen con frecuencia cerca dos polos magnéticos. Son tan espectaculares que hai quen lles chama fogos artificiais naturais.



O noso non é o unico planeta con auroras, nen sequera na vía Láctea: a sonda espacial Voyager descubriu que tamén nas atmósferas superiores de Xúpiter e Saturno se producen auroras polares, e que son aínda máis brillantes ca as terrestres.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Galaxias

Como orientarse segundo o ceo

A Vía Láctea