Estrelas de neutrones, púlsares e buratos negros

As supernovas son explosións tan colosales que costa crer que pidan deixar tras de si algo máis que gas en expansión. Porén, nalgúns casos sobrevive o núcleo consumido da estrela que explotou, aínda que é tan masivo que se colapsa en forma de estrela de neutrones. Os obxectos deste tipo son moi densos e compactos, xa que toda a súa materia se atopa comprimida nun diámetro de tal vez 15 kilómetros.

   As estrelas de neutrones rotan con rapidez e emiten ondas radioeléctricas. Cando estas ondas barren a Terra, detéctanse como "pulsos" cíclicos semellantes aos destellos dun faro mariño. Este tipo de obxecto coñécese coma púlsar.

   Que sucede se a estrela que morre é verdadeiramente xigantesca? Se a masa do núcleo estelar rebasa tres ou catro veces a masa do Sol colápsase en forma de burato negro, un obxecto tan denso que nen a luz pode escapar da súa gravidade. Para "ver" buratos negros hai que estudar as estrelas que os acompañan: se un burato negro está o suficientemente preto dunha estrela absorve parte do seu gas, que forma un círculo de acreción en torno ao burato negro. Este proceso xera raios X que poden detectarse.


Púlsar da nebulosa de Cangrexo:



Comentarios

Entradas populares de este blog

Como orientarse segundo o ceo

Galaxias en colisión

Os satélites do Sistema Solar