Eclipses de Lúa

O Sol, a Terra e a Lúa alinéanse nese orde, coa Terra no medio, polo menos dúas veces cada ano. Nesa configuración, a Lúa atravesa a sombra do noso planeta e se produce un eclipse lunar.

   Fálase de eclipse penumbral cando a Lúa chega a atravesar tan só as rexións máis externas da sombra terrestre, de xeito que apenas se oscurece, e o fai tan pouco que custa percibir que está sucedendo un eclipse. Se a lúa se limita a rozar a rexión central oscura da sombra terrestre, a umbra, entón sufre un eclipse parcial e á brillante Lúa chea parece faltarlle un mordisco.

   Cada 17 meses, de promedio, a Lúa chea zambúllese por completo na umbra do noso planeta. A única luz solar que acada a Lúa durante a fase de totalidad é un resplandor avermellado que se filtra a través da atmósfera terrestre. Durante unhas dúas horas, a Lúa chea eclipsada tórnase dun vermello intenso. Os eclipses lunares son visibles dende todo o hemisferio terrestre que mira hacia a Lúa, o cal permite á metade do planeta asistir ao espectáculo.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Como orientarse segundo o ceo

Galaxias en colisión

Os satélites do Sistema Solar