Constelacións vellas e novas

O astrónomo grego Ptolomeo enumeró, no século II da nosa era, un total de 48 constelacións de fronteras difusas. Hoxe dividimos o ceo en 88 constelacións con límites precisos que seguen en zigzag a demarcación acordada oficialmente en 1930. Aínda que as fronteiras sexan modernas, moitas constelacións son tan antigas coma a mesma civilización. Os antigos sumerios, por exemplo, xa representaban un león na rexión do ceo onde aínda vemos Leo, e un toro onde hoxe debuxamos Tauro.
 
   Outras constelacións datan dos séculos XVII e XVIII. Algunhas introducíronse para cartografiar o ceo austral, descoñecido para a astronomía europea antes da era exploradora que se iniciou no século XVI. Por exemplo, a Cruz do Sur (Crux) a definiu coma constelación por primeira vez Andrea Corsali, quen navegou aos trópicos con unha expedición portuguesa en 1515.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Como orientarse segundo o ceo

Galaxias en colisión

Os satélites do Sistema Solar