Baixar a Marte

A sonda espacial Mars Pathfinder aterrizou no planeta vermello en xullo de 1997. Elixiuse para elo Ares Vallis, un val pedregoso e polvorento que en tempos remotos foi un torrente de auga. Despois de desinflar os seus coxíns protectores de aire, a Pathfinder adicouse á súa labor principal: o desembarco seguro do Sojourner, un todoterreo de seis rodas. Dirixido por control remoto dende a Terra, o Sojourner desdendeu do vehículo portador a través dunha rampa e aventurouse nos arredores para comprobar a composición das rocas cunha batería de instrumentos. O sistema suministrador de enerxía fallou tras case 100 días terrestres, pero entón, o Sojourner tiña obtido miles de fotografías e de medidas xeolóxicas que aumentaron moito o noso coñecemento sobre Marte.

   

Comentarios

Entradas populares de este blog

Galaxias

Como orientarse segundo o ceo

A Vía Láctea