Neptuno
Cando a Voyager 2 enviou os datos sobre Neptuno, o menor e o máis lonxano dos planetas gasosos xigantes, iste se revelou coma un disco azul marcado por unha gran mancha ovalada e numerosos estratos de nubes dispersas. A súa "meteoroloxía" tamén resultou ser algo bastante fora do común: ten un satélite con surtidores volcánicos que expulsan nitóxeno. Neptuno conta cun débil sistema anular que contén algúns grumos. Só se lle coñecen catro aneis e se ten pouca información acerca deles. Ten oito satélites. Tritón, o máis grande, é un pouco maior que Plutón e igual de frío, e está feito de xeo e roca e ten cráteres, fosas e depresiones superficiais. Nalgúns lugares emerxe hidróxeno gasoso, que se proxectan 8km na ténue atmósfera composta por nitróxeno. Outro dos seus satélites, Nereida, describe unha órbita tan elíptica que a súa distancia a Neptuno varía en máis de oito millóns de km.