Urano
Urano é un enigmático mundo verde azulado que comezou a revelar os seus segredos hai moi pouco. Con catro veces o diámetro da terra, trátase do terceiro xigante gasoso en orde de tamaño.
O eixe de rotación de Urano está de costado, casi paralelo ao seu plano orbital, o que quere dicir que, ao longo do seu período orbital de 84 anos, cada polo sofre 42 anos de escuridade e despois 42 anos de luz directa.
Urano posee un sistema formado por once aneis, que son escuros, coma os de Xúpiter, e conteñen partículas grosas, coma os de Saturno.
Tamén conta con un total de 21 satélites, a maioría dos cales toman o seu nome de obras de Shakespeare e están constituidos por roca e xeo. O satélite máis destacable é o máis pequeno, Miranda, xa que está formado por tres tipos de terreo diferentes (cráteres, acantilados e rexións estriadas), o que pode deberse a unha gran colisión.

O satélite Miranda
Comentarios
Publicar un comentario