Entradas

Galaxias en colisión

Imagen
Ás veces dúas ou máis galaxias achéganse tanto entre si que chocan ou se fusionan.    Os modelos por ordenador de colisións e aproximacións cercanas entre galaxias predín a formación de estruturas características en forma de aneis, "colas" e arcos de gas, po e estrelas, rascos que se observan nalgúns grupos de galaxias. A teoría indica que dúas ou máis galaxias espirales, sometidas á súa atracción mutua, poden quedar atrapadas en órbitas reducidas que as fagan xirar unha arredor da outra ata rematar chocando. Antes de que as galaxias se fundan nunha única acumulación amorfa de estrelas pode producirse unha segunda, ou ata unha terceira colisión.    Todo este proceso require de varios centos de millóns de anos.  Hai quen defende que a coalescencia de dúas galaxias de disco remata por producir unha galaxia elíptica.

Estrelas de neutrones, púlsares e buratos negros

Imagen
As supernovas son explosións tan colosales que costa crer que pidan deixar tras de si algo máis que gas en expansión. Porén, nalgúns casos sobrevive o núcleo consumido da estrela que explotou, aínda que é tan masivo que se colapsa en forma de estrela de neutrones. Os obxectos deste tipo son moi densos e compactos, xa que toda a súa materia se atopa comprimida nun diámetro de tal vez 15 kilómetros.    As estrelas de neutrones rotan con rapidez e emiten ondas radioeléctricas. Cando estas ondas barren a Terra, detéctanse como "pulsos" cíclicos semellantes aos destellos dun faro mariño. Este tipo de obxecto coñécese coma púlsar.    Que sucede se a estrela que morre é verdadeiramente xigantesca? Se a masa do núcleo estelar rebasa tres ou catro veces a masa do Sol colápsase en forma de burato negro, un obxecto tan denso que nen a luz pode escapar da súa gravidade. Para "ver" buratos negros hai que estudar as estrelas que os acompañan: se un burato negro está o suficie

Eta Carinae

Imagen
A nebulosa de eta Carinae dista da Terra 8000 anos luz e alberga unha agrupación de estrelas xóvenes e quentes. Entre 1835 e 1845 observouse dende a Terra un aumento de brillo nun destos astros, eta Carinae, que chegou a brillar máis que calquera outra estrela do ceo (excepto Sirio). Agora xa é moi débil e non chega a verse sen prismáticos.    Eta Carinae podería ser unha estrela xoven que experimenta unha serie de episodios explosivos, pero tamén pode tratarse dun astro moi vello a punto de convertirse en supernova e, se este fora o caso, depararía unha das mortes estelares máis brillantes xamais observadas na Galaxia. A nebulosa:

Feridas de guerra nos planetas e satélites

Imagen
O fragmentado cometa Shoemaker-Levy 9 colisionó con Xúpiter en xullo de 1994 e o suceso liberou unha enerxía equivalente a millóns de megatones. Cada un dos fragmentos explotou coma unha bola de lume ao penetrar na atmósfera superior do xigante gasoso, e cada estallido produciu enormes penachos de po, algunho dos cales acadou tres veces o tamaño da Terra.    Este evento serve para lembrar de manera espectacular a vulnerabilidade dos planetas e dos seus satélites ante colisiones con cometas e asteroides. Téñense cartografiado numerosos cráteres en Mercurio, Venus, a Lúa e Marte. Na Terra obsérvanse menos, debido á actividade xeolóxica do planeta, que ten renovado moitas veces a súa superficie.     Xúpiter tras o impacto do Shoemaker-Levy 9:

Como orientarse segundo o ceo

Imagen
Para interpretar as cartas celestes hai que saber cara onde caen o norte e o sur. Os telescopios con montura ecuatorial deben alinearse co polo celeste para que sigan correctamente as estrelas. No hemisferio boreal basta buscar a estrela Polar. A Polar non é o astro máis refulxente do ceo, pero si é a estrela brillante máis cercana ao polo norte celeste e, polo tanto, marca a dirección do norte verdadeiro.    O hemisferio austral carece dunha estrela equivalente á Polar, pero pode identificarse o rumbo sur se se usa a Cruz do Sur, que sinakla hacia o polo sur celeste.

Constelacións vellas e novas

Imagen
O astrónomo grego Ptolomeo enumeró, no século II da nosa era, un total de 48 constelacións de fronteras difusas. Hoxe dividimos o ceo en 88 constelacións con límites precisos que seguen en zigzag a demarcación acordada oficialmente en 1930. Aínda que as fronteiras sexan modernas, moitas constelacións son tan antigas coma a mesma civilización. Os antigos sumerios, por exemplo, xa representaban un león na rexión do ceo onde aínda vemos Leo, e un toro onde hoxe debuxamos Tauro.      Outras constelacións datan dos séculos XVII e XVIII. Algunhas introducíronse para cartografiar o ceo austral, descoñecido para a astronomía europea antes da era exploradora que se iniciou no século XVI. Por exemplo, a Cruz do Sur (Crux) a definiu coma constelación por primeira vez Andrea Corsali, quen navegou aos trópicos con unha expedición portuguesa en 1515.

Eclipses de Lúa

Imagen
O Sol, a Terra e a Lúa alinéanse nese orde, coa Terra no medio, polo menos dúas veces cada ano. Nesa configuración, a Lúa atravesa a sombra do noso planeta e se produce un eclipse lunar.    Fálase de eclipse penumbral cando a Lúa chega a atravesar tan só as rexións máis externas da sombra terrestre, de xeito que apenas se oscurece, e o fai tan pouco que custa percibir que está sucedendo un eclipse. Se a lúa se limita a rozar a rexión central oscura da sombra terrestre, a umbra, entón sufre un eclipse parcial e á brillante Lúa chea parece faltarlle un mordisco.    Cada 17 meses, de promedio, a Lúa chea zambúllese por completo na umbra do noso planeta. A única luz solar que acada a Lúa durante a fase de totalidad é un resplandor avermellado que se filtra a través da atmósfera terrestre. Durante unhas dúas horas, a Lúa chea eclipsada tórnase dun vermello intenso. Os eclipses lunares son visibles dende todo o hemisferio terrestre que mira hacia a Lúa, o cal permite á metade do planeta