Os aneis e as lúas de Xúpiter
A sonda Voyager 2 confirmou que Xúpiter está rodeado por un débil sistema de aneis, compostos de pequenos granos rocosos. A diferencia dos aneis de Saturno, os de Xúpiter conteñen moi pouco xeo.
Os outros satélites de Xúpiter son moito máis pequenos, e de feito, algúns dos máis externos considéranse asteroides capturados.
Dos 24 satélites de Xúpiter, Galileo descubriu en 1610 os catro maiores, chamados satélites galileanos: Calisto, Ganímedes, Europa e Ío. Tanto Ganímedes coma Calisto son maiores que Mercurio e Plutón, metres que Europa e Ío son similares á Lúa. Os catro satélites mostran propiedades fascinantes: sospéitase que hai un océano baixo a superficie xeada de Europa, Ío é o mundo con máis actividade volcánica do Sistema Solar...
Comentarios
Publicar un comentario