Galaxias en colisión

Ás veces dúas ou máis galaxias achéganse tanto entre si que chocan ou se fusionan.

   Os modelos por ordenador de colisións e aproximacións cercanas entre galaxias predín a formación de estruturas características en forma de aneis, "colas" e arcos de gas, po e estrelas, rascos que se observan nalgúns grupos de galaxias. A teoría indica que dúas ou máis galaxias espirales, sometidas á súa atracción mutua, poden quedar atrapadas en órbitas reducidas que as fagan xirar unha arredor da outra ata rematar chocando. Antes de que as galaxias se fundan nunha única acumulación amorfa de estrelas pode producirse unha segunda, ou ata unha terceira colisión.

   Todo este proceso require de varios centos de millóns de anos.  Hai quen defende que a coalescencia de dúas galaxias de disco remata por producir unha galaxia elíptica.




Comentarios

  1. Excelente traballo, Iria, para todos os que estamos interesados en saber máis sobre o cosmos. Noraboa!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Como orientarse segundo o ceo

A Vía Láctea