Entradas

Eclipses de Sol

Imagen
Unha das maiores coincidencias da natureza consiste en que o sol ten 400 veces o tamaño da Lúa, pero se atopa 400 veces máis lonxe. En consecuencia, ambos obxectos mostran o mesmo tamaño aparente no ceo e iso permite que a Lúa cubra xustamente o disco do Sol durante os eclipses totales.    Hai polo menos dúas temporadas cada ano nas que a órbita inclinada da Lúa cruza a posición na que se atopa o Sol á vez que o noso satélite acada a fase nova. Os tres corpos quedan alineados, coa Lúa en medio, e se produce un eclipse de Sol.    Os eclipses poden ser parciales ou totales. Estes últimos, nos que a Lúa chega a cubrir por completo o disco do Sol, son os máis impresionantes. A umbra da sombra lunar proxéctase sobre a Terra e barre o planeta ao longo dun camiño que mide varios miles de kilómetros. É un suceso sobrecolledor, pero dura tan solo uns minutos.

Baixar a Marte

Imagen
A sonda espacial Mars Pathfinder aterrizou no planeta vermello en xullo de 1997. Elixiuse para elo Ares Vallis, un val pedregoso e polvorento que en tempos remotos foi un torrente de auga. Despois de desinflar os seus coxíns protectores de aire, a Pathfinder adicouse á súa labor principal: o desembarco seguro do Sojourner , un todoterreo de seis rodas. Dirixido por control remoto dende a Terra, o Sojourner desdendeu do vehículo portador a través dunha rampa e aventurouse nos arredores para comprobar a composición das rocas cunha batería de instrumentos. O sistema suministrador de enerxía fallou tras case 100 días terrestres, pero entón, o Sojourner tiña obtido miles de fotografías e de medidas xeolóxicas que aumentaron moito o noso coñecemento sobre Marte.    

O telescopio Hubble

Imagen
Con un espello de 2,4 metros de diámetro, o telescopio espacial Hubble non é o maior telescopio que existe, pero ten acceso a mellores vistas que ningún outro. Colocado en órbita a 600 km por encima da Terra, o Hubble ten observado corpos celestes de todo tipo, dende a Lúa ata as galaxias máis remotas.    O Hubble foi lanzado en 1990 e xa ten pasado a metade da súa vida operativa. Os científicos deseñan agora o telescopio espacial de próxima xeración, un xigante espacial dotado dun espello de 7,9 metros de diámetro e un poder ccaptrador de luz que supera en máis de 10 veces ao do Hubble .

Os telescopios

Imagen
Os maiores avances no coñecemento do universo durante os últimos séculos seguiron sempre a grandes progresos tecnolóxicos e teóricos. Os telescopios, cada vez maiiores e mellores, únense a instrumentos novos capaces de "ver" luz invisible. Teorías extraordinarias explican preguntas ata agora sen resposta.    A finais do ano 1609, o científico italiano Galileo Galilei oíu falar fun invento holandés consistente en dúas lentes colacadas nun tubo que permitían observar obxectos distantes coma se estiveran preto. Galileo tallou as súas propias lentes e fabricou un telescopio quye apuntou ao ceo. Este refractor era más tosco que o par de prosmáticos máis barato de hoxe en día, pero abriu un mundo novo a medida que Galileo foi logrando con el haxazgo tras haxazgo.   Isaac Newton desarrollou en Inglaterra en 1672 un novo tipo de telescopio, o reflector. Ao reemplazar a lente por un espello evitábanse algúns efectos ópiticos moi molestos presentes nos telescopios refractores, ...

O zodiaco

Imagen
A órbita natural da Terra fai que o sol pareza desplazarse sobre as 12 constelacións que reciben o nome de conxunto de zodiaco, que deriva da palabra grega que significa "vida". A primeira constelación do zodiaco é Aries, o Carneiro, na que o sol pasa ao hemisferio celestre boreal cando comeza a primaveira no norte.    Os signos zodiacales actúan coma marcadores na astrolozía: a creencia de que as estrelas e os planetas inflúen no carácter e nos rasgos humanos, así como nas actividades cotidianas. Os astrónomos/astrólogos antigos centrábanse sobre todo na interacción entre as posicións planetarias e nas constelacións zodiacales. Aínda que a astroloxía continúa cautivando a certas persoas, non hai nen o máis mínimo indicio científico de que as alineacións de constelacións e planetas teñan afectaqdo a alguén xamais. Os constelacións zodiacais:

A Vía Láctea

Imagen
O Sistema Solar pertence a un sistema de estrelas coñecido como Vía Láctea, unha galaxia de tipo espiral co centro repleto de estrelas vermellas e vellas, e con varios brazos exteriores (o Sistema SOlar pertence ao brazo de Orión).    Pese a que esta é, obviamente, a galaxia máis estudada ata o momento, todavía non foi posible observar o seu centro, pero se sabe que está ocupado por un obxecto con unha masa inmensa, polo que existe a teoría de que se trate dun burato negro supermasivo.

Galaxias

Imagen
As galaxias son sistemas inmensos e lonxanos, formados por gas e polvo inerestelares, así coma por miles de millóns de estrelas. Crese que existen miles de millóns de galaxias nunha variedade casi ilimitada (espirales, esferoidales, elipsoidales e ata amorfas).   As galaxias, en xeral, emiten xusto o tipo de radiación que sería a esperar delas. Porén, as galaxias activas constitúen fontes intensas de radiación infrevermella, radioeléctrica..., procedente dunha violenta actividade nos núcleos. Algunhas galaxias activas poseen "chorros cósmicos", que son correntes de partículas moi enerxéticas en estado de plasma, que surxen do centro da galaxia e poden chegar a extenderse decenas de miles de anos luz no espacio.