Que é a astronomía?

Dende que o ser humano é o ser humano, a curiosidade tenlle impulsado a buscar de xeito incansable a resposta a numerosas preguntas: cal é a orixe da nosa realidade? Existe un Deus ou, polo menos, algunha outra de forma de vida intelixente? Cal é a explicación dos fenómenos naturais que ocorren ao noso redor?

   Un dos primeiros intentos de resolver esas cuestións consistiu en dirixir a mirada cara ás estrelas. Baixo o ollo humano, aqueles puntiños que brillaban no firmamento convertíronse en divinidades con nome, emocións, intelixencia e capacidade para cambiar o mundo ó seu antoxo. Malia non ter moita base obxectiva, eses mitos son unha fase moi primixenia do que é a astronomía actual; é dicir, unha ciencia que intenta abarcar o que, tras milenios, continúa resultando inabarcable: o Universo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Como orientarse segundo o ceo

Galaxias en colisión

A Vía Láctea